Para o día de hoxe está convocado o claustro do centro a unha reunión. Dentro dos puntos do día figura informar ao profesorado sobre o proxecto das Webs Dinámicas e convocar a quen o desexe a participar na primeira sesión de formación para administradores; que vai ter lugar o 25 de marzo e que será impartida por persoal do SIEGA.
Na reunión de traballo que as compoñentes do Seminario tivemos de 13:00 a 14:15 acordamos:
- Información que se lle transmite ao resto de compañeiros do centro respecto das sesións formativas que o SIEGA nos impartirá para crear a nosa web.
- Facilitar copia do email de Pablo Nimo respecto aos materiais que hai que traer preparados para sesión.
- Selección final de relatos que se incluirán no Power Point "Multiculturalidad e interculturalidade en educación".