lunes, 17 de mayo de 2010

Titorial para insertar música en Blogger

Titorial para insertar videos youtube en Blogger.

lunes, 19 de abril de 2010

Unha gran experiencia

A creación deste seminario supuxo para min romper con certos temores cara o mundo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación e poder adentrarme no descubrimento de diversos recursos que considero moi enriquecedores para a miña actual e futura práctica docente.
A compenetración entre o grupo de docentes que compoñemos este seminario fai que o traballo sexa moito máis fácil e compresible, a pesar da posible diferenza de coñecementos relativo ao campo das TICs. É un traballo feito "codo con codo" onde sempre hai consenso en tódalas decisións que se toman e se tomaron.
Estou moi contenta polo feito de pertencer a este seminario e ter adquirido coñecementos de gran utilidade para min. De igual modo, satisfáceme poder desenvolver este traballo cun grupo de docentes onde o clima de traballo non pode ser mellor.
Un saúdo para todas.

sábado, 17 de abril de 2010

Unha experiencia enriquecedora

A incorporación das TIC no ámbito educativo é unha gran fonte de recursos e materiais didácticos que están a influir de maneira significativa no proceso de ensino e aprendizaxe.
A constitución deste seminario pon de manifesto o noso interese por formarnos nas novas tecnoloxías e incorporalas a nosa práctica docente ademáis de ser unha boa canle de comunicación a través da cal, cada unha de nós, pon a disposición das demais a súa experiencia neste campo e así xuntas elaborar materiais e recursos que, posiblemente, de forma individual non faríamos.

jueves, 15 de abril de 2010

O camiño que comezamos...

Levavos un bo tempo todas xuntas, con reunións semanais para traballar, aprender, elaborar, charlar e como non botarnos unhas boas risas.
Dende que comezamos este seminario, estiven aprendendo un montón de cousas de cada unhas das compañerias, é verdade que dunhas máis ca de outras; pero eu fun exprimindo todo o que puiden delas.
Estamos nunha nova era, onde as novas tecnoloxías nos invaden por tódolos lados; como mestras debemos comezar a adentrarnos neste mundo e non deixar que nos superen unhas simples máquinas. Neste seminario tivemos a oportunidade de ir aprendendo a elaborar diferentes proxectos para levar a cabo con compañerios e aplicalos cos nosos alumnos. Xa que, a fin e ao cabo, son eles a quen intentas ensinarlle e axudarlle na súa aprendizaxe día a día.
Este é o meu segundo ano metida no corpo de mestres, polo que todo o que me poidan ensinar aceptareino como unha axuda, quédame moito camiño por percorrer e aprender e estos dous primeiros anos foron fundamentais para a miña experiencia laboral. Despois de este ano non sei onde estarei nin con quen traballarei, pero si terei moi en conta (xa estades todas decíndome como me podo poñer en contacto con vós) a estas 5 compañeiras na nova etapa da miña vida.

miércoles, 14 de abril de 2010

Unha nova incorporación

Despois de varios intentos para poder entrar aquí estou, costoume pero como di o refran: "mais vale tarde ca nunca".

lunes, 12 de abril de 2010

Seminario de Ventín 2010

Traballando xuntas, somos máis capaces. Relacionámonos, aprendemos e melloramos a nosa práctica educativa, utilizando outros recursos que antes, case nos parecían imposibles.

martes, 23 de marzo de 2010

Reunión do 22 de marzo

Para o día de hoxe está convocado o claustro do centro a unha reunión. Dentro dos puntos do día figura informar ao profesorado sobre o proxecto das Webs Dinámicas e convocar a quen o desexe a participar na primeira sesión de formación para administradores; que vai ter lugar o 25 de marzo e que será impartida por persoal do SIEGA.
Na reunión de traballo que as compoñentes do Seminario tivemos de 13:00 a 14:15 acordamos:
  • Información que se lle transmite ao resto de compañeiros do centro respecto das sesións formativas que o SIEGA nos impartirá para crear a nosa web.
  • Facilitar copia do email de Pablo Nimo respecto aos materiais que hai que traer preparados para sesión.
  • Selección final de relatos que se incluirán no Power Point "Multiculturalidad e interculturalidade en educación".

miércoles, 17 de marzo de 2010

Un novo camiño por diante

 
 
Imos aprender xuntas para poder enriquecer máis a nosa práctica docente.