Levavos un bo tempo todas xuntas, con reunións semanais para traballar, aprender, elaborar, charlar e como non botarnos unhas boas risas.
Dende que comezamos este seminario, estiven aprendendo un montón de cousas de cada unhas das compañerias, é verdade que dunhas máis ca de outras; pero eu fun exprimindo todo o que puiden delas.
Estamos nunha nova era, onde as novas tecnoloxías nos invaden por tódolos lados; como mestras debemos comezar a adentrarnos neste mundo e non deixar que nos superen unhas simples máquinas. Neste seminario tivemos a oportunidade de ir aprendendo a elaborar diferentes proxectos para levar a cabo con compañerios e aplicalos cos nosos alumnos. Xa que, a fin e ao cabo, son eles a quen intentas ensinarlle e axudarlle na súa aprendizaxe día a día.
Este é o meu segundo ano metida no corpo de mestres, polo que todo o que me poidan ensinar aceptareino como unha axuda, quédame moito camiño por percorrer e aprender e estos dous primeiros anos foron fundamentais para a miña experiencia laboral. Despois de este ano non sei onde estarei nin con quen traballarei, pero si terei moi en conta (xa estades todas decíndome como me podo poñer en contacto con vós) a estas 5 compañeiras na nova etapa da miña vida.